Do luns 10 ao venres 14 de marzo estivemos no IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta).
Moitas grazas ao Instituto por facilitar o noso traballo, os profes de Educación Física (Conchi y Francisco) pola súa entrega e os chavales polas gañas que pusieron. Sempre é un pracer traballar conovosco.
Compartimos aquí un vídeo preparado polos profesores de Educación Física do centro y compartido no seu blog Movendo o cu no que nos dedicaron un artigo
Fogar de Santa Margarita
Do 24 ao 28
de marzo visitamos o colexio Fogar de Santa Margarita. Participaron na actividade alumnos e alumnas entre 1º da ESO e
1º de Bacharelato.
O noso agradecemento ao colexio en xeral, a Vicente y Rebeca (os profesores de Educación Física) e aos alumnos pola súa colaboración e o seu interés. Os esperamos nas próximas actividades.
Colexio San Juan Bosco (Salesianos)
As visitas ao colexio San Juan Bosco (Salesianos) tiveron lugar do
24 de marzo ao 4 de abril. As sesións de introducción ao rugby realizáronse durante as clases de Educación Física para alumnos dende 5º de
Primaria ata 1º de Bacharelato. É a primeira vez que traballamos neste centro e quedamos encantados co trato. Esperamos voltar pronto.
IES Fernando Writz
Entre o 7 e o 11 de Abril estivéronse realizando as sesións de difusión de rugby no IES Fernando Writz. As dúas clases de cada curso da ESO probaron o rugby nas horas de Educación Física.
Con dez voluntarios conseguimos que os rapaces partipasen nas actividades con moitas ganas e entusiasmo e mesmo que algún se anime a preguntar polos nosos adestramentos para continuar coa actividade. Moitas grazas a todo o persoal do centro por facilitanos o noso traballo.
Entre o 7 e o 11 de Abril estivéronse realizando as sesións de difusión de rugby no IES Fernando Writz. As dúas clases de cada curso da ESO probaron o rugby nas horas de Educación Física.
Con dez voluntarios conseguimos que os rapaces partipasen nas actividades con moitas ganas e entusiasmo e mesmo que algún se anime a preguntar polos nosos adestramentos para continuar coa actividade. Moitas grazas a todo o persoal do centro por facilitanos o noso traballo.
O día 10 de maio pola mañá tivo lugar a Concentración Escolar Mólame o Rugby no campo da Grela 1. Os rapaces que asistiron pasárono moi ben cos xogos organizados polos monitores e o partido de rugby tag (sen contacto). Ademáis repartíronse camisetas e sorteáronse balóns de rugby. Ao final da actividade houbo un terceiro tempo con "perritos" e refrescos para os asistentes.
IES Rafael Dieste
Xogadores e xogadoras do CRAT visitaron o IES Rafael Dieste na semana do 12 a 16 de Maio. Durante toda a semana as clases de Educación Física foron de rugby. Pasaron por elas alumnos e alumnas entre 1º da ESO e 1º de Bachiller. Dende aquí agradecemos ao instituto a súa colaboración.
Colexio Salgado Torres
A petición do seu profesor de Educación Física tamén pasamos na semana do 12 a 16 de Maio polo CEIP Salgado Torres no barrio de Elviña. Os nenos e nenas tiñan entre 10 e 12 anos (5º e 6º de primaria) pero o seu interese fizo que os incorporáramos ao noso proxecto. Fai moitos anhos que este centro facilítanos la oportunidad de amosar o rugby aos nenos e non podía ser doutra maneira co este proxecto. Coma sempre, foi un pracer.
Colexio Liceo La Paz
Entre el 12 y el 16 de Mayo participaron no proxecto os alumos e alumnas entre 1º de ESO e 1º de Bachiller do colexio Liceo La Paz. A semana seguinte voltamos ao mesmo centro para traballar cos alumnos e alumnas do ciclo de FP de TAFAD. Tivemos un gran ambente de traballo e toda a colaboracion pola parte do centro para levar a cabo o noso traballo. Encantaranos volver no próximo curso.
Invitacións aos partidos de División de Honra feminina
Ademáis de invitar aos rapaces e rapazas aos partidos de rugby dos equipos senior do CRAT-UDC, que xogan en División de Honra, repartíronse invitacións para asistir a semifinal do play-off das rapazas. Neste partido as rapazas ficeronse coa praza na final que xugó en León o 1 de Xuño.